TERMOS E CONDICIÓNS DE USO

Este documento regula o acceso, navegación e utilización das aplicacións de Santillana e as ferramentas accesibles a través delas (en diante, a “App”), que é xestionada pola persoa encargada de desenvolvela e propietaria, a compañía Sanoma Educación, S.L.U. (en diante, “Santillana”), cuxos datos de identificación exprésanse máis adiante. O acceso e utilización da App implican a aceptación expresa e sen reservas de todos os Termos e Condicións de uso aquí expresadas (os “Termos e Condicións”), tendo a mesma validez e eficacia ca calquera contrato celebrado por escrito e asinado. A súa observancia e cumprimento serán esixibles respecto de calquera persoa que acceda ou utilice a App. Se o usuario non está de acordo cos termos expostos, non debe acceder ou utilizar a App.

1.       Identificación do titular da App

Titular: Sanoma Educación, S.L.U.

Enderezo social: Ronda de Europa, 5, (28760 Tres Cantos, Madrid).

NIF: B-28119261

Inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid no tomo 930, folio 33, sección 8ª, folla M-11470, inscrición 1ª.

2.       Obxecto e ámbito de aplicación

Os presentes Termos e Condicións de uso regulan o acceso e a utilización da App e de todas as ferramentas e materiais contidos nela, sen prexuízo de que Santillana se reserve o dereito a modificar a presentación, configuración e contido dos mesmos, así como as condicións requiridas para o seu acceso e/ou utilización. As modificacións dos termos e condicións dos presentes Termos e Condicións serán publicadas na mesma forma en que aparece este ou a través de calquera tipo de comunicación dirixida aos usuarios. O acceso e utilización da App e os seus contidos tras a entrada en vigor de modificacións ou cambios dos Termos e Condicións supoñen a súa aceptación.

Non obstante, o acceso a determinados contidos e a utilización de determinados servizos pode encontrarse sometido a determinadas condicións particulares, que serán en todo caso claramente mostradas. Estas condicións particulares poderán substituír, completar ou, no seu caso, modificar os termos dos presentes Termos e Condicións. En caso de contradición, prevalecerán ditas condicións particulares.

3.       Acceso á App, rexistro e seguridade

O acceso á App pode esixir o rexistro do usuario que vaia utilizala. Nos casos en que o acceso á App non precise do rexistro previo do usuario, será preciso achegar un código de licenza do produto adquirido para poder acceder a ela.

O proceso de rexistro requirirá a achega duns datos identificativos do usuario ou da licenza do contido para a creación dunha conta. Unha vez completado o proceso de rexistro na App, o usuario poderá acceder a ela utilizando o nome de usuario e o contrasinal que escollese libremente.

Os usuarios que teñan 14 anos ou máis no momento de rexistro na App poderán realizar este proceso no seu propio nome. Non obstante, os usuarios que sexan menores de 14 anos no momento de rexistro deberán estar autorizados e supervisados polos pais ou titor legal no proceso de rexistro, sendo necesario achegar os datos identificativos que se requiran do pai ou titor que autorice e supervise este rexistro.

No proceso de rexistro o usuario acepta e asegura que (i) proporciona información verdadeira, exacta e actual sobre el ou ela, seu pai, nai ou titor no proceso de rexistro, (ii) manter e actualizar puntualmente esta información para que siga sendo verdadeira, exacta, actual e completa. Se facilita calquera información que non sexa verdadeira, exacta, actual e completa, ou se Santillana ten fundamentos razoables para sospeitar que dita información non sexa verdadeira, exacta, actual e completa, Santillana ten o dereito de suspender ou rescindir a súa conta e de denegarlle o uso actual ou futuro da App.

Toda a información que o usuario proporcione no proceso de rexistro na App ou a través doutras vías, rexerase pola Política de Seguridade.

O usuario deberá tratar o seu nome de usuario e contrasinal como información confidencial, non revelándoa a ningunha outra persoa. A achega do nome de usuario e contrasinal a un terceiro para acceder á App supón unha suplantación de identidade, por iso, o usuario recoñece que a súa conta está destinada a un uso educativo persoal e que non facilitará esta información a terceiros para que estes accedan á App. Así, o usuario será o único responsable das actividades que se leven a cabo a través da súa conta. En caso de que o usuario detecte un acceso non autorizado á súa conta por parte dun terceiro, comprométese a notificar a Santillana no prazo máis breve posible, así como de calquera posible vulneración das súas credenciais de acceso.

Naquelas plataformas en que se permita esta opción, o usuario poderá modificar o seu contrasinal en calquera momento a través da sección dedicada a tal efecto no seu perfil da App. En caso de que o usuario non lembre o seu contrasinal, poderá solicitar un restablecemento de contrasinal a través do método dispoñible na App. O usuario é o único autorizado para solicitar este restablecemento.

4.       Uso da App

O usuario pode utilizar a App e todas as funcionalidades que a mesma inclúe nun dispositivo, quedando autorizada calquera reprodución temporal ou accesoria da mesma ou do seu contido, sempre que a mesma non sexa voluntaria e forme parte integrante e esencial do proceso tecnolóxico de transmisión. O uso permitido debe ser estritamente persoal e destinado a fins educativos dentro do marco da educación regulada en España.

Queda prohibida calquera utilización ou operación de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación da App, os seus contidos, os produtos descargados e as copias de todos eles, así como aqueles usos que sexan contrarios á Lei, os bos costumes e a boa fe e, especialmente:

·       Calquera utilización fóra do ámbito persoal e privado, especialmente aquelas que teñan fins comerciais ou profesionais.

·       A súa modificación e, en xeral, calquera transformación da mesma, incluída a tradución, adaptación, arranxo, ou calquera outra, incluída a corrección de erros do soporte lóxico que a compón, ou a realización de versións sucesivas ou derivadas.

·       A súa carga e/ou utilización en calquera sistema de rede de ordenadores, tabletas, ou calquera outro dispositivo que permita a súa reprodución e uso, aínda que o acceso ao mesmo non poida realizarse simultaneamente polos distintos usuarios de dita rede.

·       Calquera tipo de extracción, comunicación pública e/ou transmisión, total ou parcial, por calquera medio, fóra do ámbito privado de uso permitido e, especialmente, a súa incorporación a calquera outra obra, coleccións ou bases de datos.

·       A remoción, ocultación ou falseamento dos avisos e advertencias sobre a Propiedade Intelectual ou Industrial da App.

·       Usar a App de forma que poida provocar danos, interrupcións, ineficiencias ou defectos no seu funcionamento ou no ordenador dun terceiro;

·       Usar a App para a transmisión, instalación ou publicación de calquera virus, código malicioso ou outros programas ou arquivos prexudiciais;

·       Usar a App para transmitir material con fins publicitarios ou de promoción, incluídos spam, correos electrónicos en cadea ou similares;

·       Usar a App de maneira que constitúa unha vulneración dos dereitos de Santillana ou de calquera terceiro;

·       Usar a App para transmitir ou publicar calquera material de carácter difamatorio, ofensivo, racista, vulgar, denigrante, pornográfico, ou de natureza obscena ou ameazadora ou que poida causar molestia a calquera persoa;

·       Usar a App para recoller datos de carácter persoal doutros usuarios;

·       Usar a App de forma ilegal, en contra da boa fe, a moral e a orde pública;

·       Usar a App para difundir contidos que atenten contra a imaxe e reputación de Santillana ou de terceiros;

·       Acceder á App cunha identidade falsa, suplantando a terceiros ou utilizando un perfil ou realizando calquera outra acción que poida confundir a outros usuarios sobre a identidade da orixe dunha mensaxe;

·       Acceder sen autorización a calquera sección ou ferramenta da App, a outros sistemas ou redes conectados a esta, a algún servidor de Santillana ou aos servizos ofrecidos a través da App por medio de pirateo ou falsificación, extracción de contrasinais ou calquera outro medio ilexítimo;

·       Quebrantar, ou intentar quebrantar, as medidas de seguridade ou autenticación da App ou de calquera rede conectada a esta, ou as medidas de seguridade ou protección inherentes aos contidos ofrecidos na App;

·       Levar a cabo algunha acción que provoque unha saturación desproporcionada ou innecesaria na infraestrutura da App ou nos sistemas ou redes de Santillana, así como nos sistemas e redes conectados á App; ou

·       As operacións e actividades expresamente prohibidas en calquera outra sección destas Condicións Xerais e, en xeral, calquera que poida prexudicar o normal funcionamento da App, a Santillana, a outros usuarios ou a calquera terceiro.

O incumprimento de calquera das anteriores obrigas polo usuario poderá levar aparellada a adopción por Santillana das medidas necesarias, podendo chegar á eliminación ou bloqueo inmediato da conta do usuario infractor, sen que iso lle dea dereito a ese usuario a indemnización algunha.

Santillana non controla o contido publicado polos usuarios na App e non asume responsabilidade algunha por estes contidos. Igualmente, Santillana non monitoriza o contido que crean e publican os usuarios no marco das súas funcións propias do labor educativo, sendo estas responsabilidade única do usuario que o publica. Santillana asume que o contido publicado por estes usuarios no marco da súas funcións cumpre cos criterios de proporcionalidade e que son adecuados para a finalidae formativa perseguida. Non obstante, Santillana resérvase a posibilidade de supervisar e/ou moderar calquera contido publicado polos usuarios e, en caso de que este vulnere os presentes Termos e Condicións ou a Política de Seguridade da App, de editalo ou eliminalo.

Así mesmo, se o usuario encontra algunha información ou contido na App que puidese ser non adecuado, contrario á normativa vixente, ou contrario ás condicións dispostas na App, pregamos que o poña en coñecemento inmediato de Santillana a través dos diferentes medios dispostos para iso.

5.       Propiedade Intelectual

Santillana é a titular única de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre a App, así coma dos distintos elementos que a compoñen, individualmente considerados, e de todos os contidos que poidan ser accedidos ou utilizados a través da mesma salvo en aqueles casos onde así se advirta, incluíndo, a título enunciativo e non limitativo, a propia plataforma, textos, fotografías ou ilustracións, logos, marcas, grafismos, deseños, libros, materiais didácticos, obras musicais, fonogramas, gravacións e obras audiovisuais, dinámicas, ferramentas, interfaces ou calquera outra información ou contido, e os servizos dispoñibles a través do mesmo. En aqueles casos en que Santillana non sexa a titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre algún dos contidos accesibles a través da App, Santillana conta cunha licenza suficiente para a súa explotación.

En ningún caso se entenderá que o acceso e utilización da App por parte do usuario ou a utilización, adquisición e/ou contratación de produtos ou servizos ofrecidos a través da mesma implica unha renuncia, transmisión, licenza ou cesión total ou parcial de ditos dereitos por parte de Santillana. O usuario dispón dun dereito de uso dos contidos e/ou servizos da App dentro dun ámbito estritamente doméstico e unicamente coa finalidade educativa e formativa prevista de acordo cos presentes Termos e Condicións.

A App funciona así mesmo como visor de contidos non integrados inicialmente nela. A App unicamente permite a incorporación de contidos a ela se estes son titularidade de Santillana e son publicados e comercializados por esta. Para visualizar estes contidos a través da App o usuario deberá obter unha licenza de uso sobre ditos contidos, non obtendo dereito algún sobre eles e mantendo Santillana a titularidade e control sobre eles. Os presentes Termos e Condicións aplican igualmente sobre estes contidos incorporados á App ao usarse, accederse ou visualizarse a través dela.  

As referencias a marcas ou nomes comerciais rexistrados, ou outros signos distintivos, xa sexan titularidade de Santillana ou de terceiras empresas, levan implícita a prohibición do seu uso sen o consentimento de Santillana ou dos seus lexítimos titulares. En ningún momento, salvo manifestación expresa en contrario, o acceso ou utilización da App e/ou dos seus contidos confire ao usuario dereito algún sobre signos distintivos nel incluídos.

Quedan reservados todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre os contidos e/ou servizos ofrecidos a través da App e, en particular, queda prohibido modificar, copiar, reproducir, comunicar publicamente, transformar ou distribuír, por calquera medio e baixo calquera forma, a totalidade ou parte dos contidos incluídos na App ou que poidan ser accedidos ou visualizados a través dela, para calquera propósito, sexa privado, público ou comercial, se non se conta coa autorización previa, expresa e por escrito de Santillana ou, no seu caso, do titular dos dereitos correspondentes.

Así mesmo, queda prohibido suprimir ou manipular as indicacións de propiedade intelectual/copyright ou outros créditos que identifiquen os titulares de dereitos da App ou dos contidos que o usuario encontre na App, así como os dispositivos técnicos de protección, as pegadas dixitais, ou calquera mecanismo de protección ou información incorporada á App e aos contidos ofrecidos na App.

A inclusión de ligazóns de terceiros non poderá ser considerada como unha recompilación de revistas de prensa, aínda que algúns deles poidan conducir a medios de comunicación, polo que esta actividade da App non queda encadrada na conduta contemplada no artigo 32 da Lei de Propiedade Intelectual.

En caso de que o usuario envíe información de calquera tipo a Santillana a través de calquera das canles habilitadas ao efecto, o usuario declara, garante e acepta que ten dereito a facelo libremente, que dita información non infrinxe ningún dereito de propiedade intelectual, industrial, secreto comercial ou calquera outro dereito de terceiros, e que dita información non ten carácter confidencial nin é prexudicial para terceiros.

O usuario recoñece asumir a responsabilidade, deixando indemne a Santillana por calquera comunicación que subministre persoalmente ou ao seu nome, alcanzando dita responsabilidade sen restrición algunha a exactitude, legalidade, orixinalidade e titularidade da mesma.

Se o usuario tivese coñecemento da existencia dalgún contido ilícito, ilegal, contrario ás leis ou que puidese supoñer unha infracción de dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial, deberá notificalo inmediatamente a Santillana para que esta poida proceder á adopción das medidas oportunas.

Queda prohibida a utilización e/ou carga dos contidos do Sitio Web/App e calquera contido titularidade de Santillana en todo ou en parte, en calquera das ferramentas, aplicacións, webs ou servizos (online ou offline), baseados ou non en desenvolvementos de intelixencia artificial de calquera clase, machine learning ou deep learning, que utilicen os contidos cargados ou incorporados para a xeración de contidos derivados, independentemente dos fins para os que se utilicen ou poidan utilizar estas ferramentas ou estes contidos derivados e de se algún deles ten ou non propósito comercial ou lucrativo.

Así mesmo, queda prohibido o uso de calquera dos medios automatizados para recompilar, ler ou xerar contidos derivados en todo ou en parte, dos contidos do Sitio Web/App ou de calquera contido titularidade de Santillana, incluíndo, sen limitación, con fins de minería de texto e datos, aprendizaxe automática, desenvolvemento e/ou adestramento de intelixencia artificial de calquera clase, adestramento e/ou enriquecemento de algoritmos, e/ou para poñer o contido á disposición do público, en calquera forma ou por calquera proceso, sen o previo consentimento expreso e por escrito de Santillana.

6.       Achegas do usuario

O usuario conservará todos os dereitos de propiedade intelectual sobre as achegas de contido que realice a través da App no marco do desenvolvemento da función educativa e didáctica. Non obstante, ao proporcionar ou cargar calquera achega á App, o usuario concede polo presente documento a Santillana e a todas as empresas do seu grupo, unha licenza non exclusiva, para todo o mundo, libre de regalías, transferible, sublicenciable, perpetua e irrevogable para copiar, reproducir, cargar, almacenar, distribuír, transformar, modificar, adaptar, comunicar publicamente, publicar, utilizar e explotar en calquera forma dita achega do usuario en calquera medio, forma, tecnoloxía ou método de distribución e con calquera finalidade (comercial ou doutro tipo).

O usuario declara e garante que (i) é o titular ou goza dunha licenza de todos os dereitos, títulos e intereses sobre as súas achegas, (ii) que ten o dereito de conceder as licenzas concedidas anteriormente; e (iii) que todas as súas achegas cumpren e cumprirán cos presentes Termos e Condicións.

O usuario entende e recoñece que é responsable de todas as achegas que realice e que exonera a Santillana de calquera responsabilidade derivada destas ou do seu contido, polo tanto, o usuario comprométese a non subir contido á App que poida ser ofensivo, discriminatorio ou que poida promover ou colaborar en comportamentos abusivos ou contrarios á moral e á orde pública.

O usuario que suba á aplicación listaxes de alumnos, cualificacións, comentarios e demais información académica e/ou persoal relacionada con outros usuarios ou con calquera persoa, unicamente poderá subila á App no marco do seu labor dentro da función educativa que desempeña e sen compartila con terceiros que non teñan vinculación ou intereses en dita información.

Así mesmo, o usuario recoñece que Santillana non analiza as achegas e que terá o dereito, pero non a obriga, segundo o seu criterio discrecional, de rexeitar ou retirar calquera contido dispoñible a través da App. Sen limitar o anterior, Santillana terá o dereito de retirar calquera contido que infrinxa estes Termos e Condicións ou que Santillana considere, segundo o seu criterio exclusivo, inaceptable por calquera outro motivo.

O usuario tamén entende e recoñece que terceiras partes poden copiar ilegalmente, sen o seu ou o noso consentimento, as súas achegas, aceptando que Santillana non será responsable ante el de calquera copia ilegal das súas achegas como usuario.

Calquera contido, contribución ou achega do usuario que se encontre baseada en materiais e contidos titularidade de Santillana, pasarán a ser propiedade desta última ao subirse ou compartirse na App.

7.       Ligazóns

Santillana poderá poñer á disposición dos usuarios, a través de diferentes ferramentas e aplicacións, medios de ligazón que permitan os usuarios acceder aos perfís que Santillana mantén en diferentes plataformas e redes sociais pertencentes e/ou xestionadas por terceiros (p.ex. Facebook, Twitter, Instagram, YouTube, etc.). A inclusión destas ligazóns na App ten por único obxecto achegar aos usuarios o acceso a ditas canles nas diferentes plataformas e redes sociais.

O establecemento destas ligazóns non implica a existencia de relación algunha entre Santillana e o titular, fabricante ou distribuidor da plataforma enlazada, como tampouco a aceptación e aprobación por parte de Santillana dos seus contidos e/ou servizos, sendo o seu titular, fabricante ou distribuidor o único responsable dos mesmos.

En ningún caso Santillana comparte con Facebook, Twitter ou calquera outra rede social que se incorpore no futuro ningún tipo de información privada sobre os seus usuarios, sendo a súa única finalidade a establecida nos presentes Termos e Condicións, así como na Política de Seguridade da App. Neste sentido, toda a información que o usuario desexe proporcionar a estas plataformas será baixo a súa propia responsabilidade, non intervindo Santillana en dito proceso.  

A activación e uso destas ligazóns pode conlevar a identificación e autenticación do usuario (login/contrasinal) nas plataformas correspondentes, completamente externas á App e fóra do control de Santillana. Ao acceder a ditas redes externas, o usuario ingresa nun contorno non controlado por Santillana, polo que esta non asumirá ningunha responsabilidade sobre a configuración de seguridade de ditos contornos.   

Dado que Santillana non ten control algún sobre o contido aloxado en ditas canles, o usuario recoñece e acepta que aquela non asume responsabilidade algunha polo contido nin polos servizos aos que o usuario poida acceder en ditas páxinas, nin por calquera contido, produtos, servizos, publicidade, nin calquera outro material dispoñible nos mesmos. Por tal motivo, o usuario debe extremar a prudencia na valoración e na utilización da información, contidos e servizos existentes nas canles enlazadas, e sobre a información propia ou de terceiros que queira compartir en ditas canles.

8.       Formación

As ferramentas e contidos accesibles a través da App están destinadas a propósitos formativos acordes ao currículo escolar ditado polas administracións públicas españolas.

Santillana non responde do uso, aplicación, interpretación ou desenvolvemento ulterior que os usuarios, profesores ou alumnos poidan darlle os materiais e contidos accesibles a través da App. Así mesmo, non responderá de calquera documento, información ou material elaborado por terceiros con ou a partir dos contidos accesibles a través da App.  

O uso dos materiais formativos elaborados por Santillana que sexan accesibles ou que formen parte da App unicamente garanten o cumprimento dos estándares esixidos polas autoridades educativas españolas para cada curso e materia. Así, o uso da App e dos materiais nela contidos ou accesibles a través dela non garante resultado académico algún nin a obtención de ningunha titulación ou diploma.

9.       Responsabilidades e garantías

A App, o contido mostrado a través dela e calquera ferramenta ou servizo accesible a través da App ofrécense na condición existente, sen ofrecer garantía de ningún tipo respecto ao seu contido e funcionamento e, en especial, respecto á súa adecuación para un propósito concreto. Así mesmo, Santillana resérvase o dereito de interromper, descontinuar ou modificar, temporal ou permanentemente o acceso, descarga e uso da App por calquera motivo e sen necesidade de advertencia previa. O usuario asume e acepta que Santillana non responderá en forma algunha por dita interrupción ou modificación nin por calquera dano que esta puidese causar o usuario directa ou indirectamente.

Santillana non será responsable, ata o máximo permitido pola lexislación aplicable, de calquera perda, dano ou ganancia deixada de obter como consecuencia directa ou indirecta do (i) funcionamento da App, (ii) os contidos accesibles a través dela, (iii) o contido ou publicacións realizados por usuarios e terceiros que poidan visualizarse a través da App, (iv) o acceso ou imposibilidade de acceso á App, (v) calquera fuga ou perda de información ou datos de carácter persoal e (vi) calquera outro comportamento ou contido que vulnere os presentes Termos e Condicións.

Santillana non pode garantir a fiabilidade, utilidade ou veracidade de absolutamente toda a información e/ou dos servizos accesibles a través da App, nin tampouco da utilidade ou veracidade da documentación posta a disposición a través da mesma. En consecuencia, Santillana non garante nin se fai responsable de: (i) a continuidade dos contidos da App; (ii) a ausencia de erros en ditos contidos; (iii) a ausencia de virus e/ou demais compoñentes daniños na App ou no servidor que a aloxa; (iv) a invulnerabilidade da App e/ou a imposibilidade de vulnerar as medidas de seguridade que se adopten no mesmo; (v) a falta de utilidade ou rendemento dos contidos da App; e (vi) os danos ou prexuízos que cause, a si mesmo ou a un terceiro, calquera persoa que infrinxise as condicións, normas e instrucións que Santillana establece na App ou a través da vulneración dos sistemas de seguridade da App.

Santillana declara que adoptou todas as medidas necesarias, dentro das súas posibilidades e do estado da técnica, para garantir o funcionamento da App e reducir ao mínimo os erros do sistema, tanto desde o punto de vista técnico coma dos contidos na App, así como para evitar a existencia e transmisión de virus e demais compoñentes daniños aos sistemas informáticos dos usuarios.  

Santillana non garante a licitude, fiabilidade e utilidade dos contidos subministrados por usuarios e terceiros a través da App. Se o usuario tivese coñecemento da existencia dalgún contido ilícito, ilegal, contrario ás leis ou que puidera supoñer unha infracción de dereitos de terceiros, deberá notificalo inmediatamente a Santillana para que Santillana poida proceder á adopción das medidas oportunas.

Santillana non será responsable da veracidade, integridade ou actualización das informacións publicadas na App procedentes de fontes alleas a Santillana, así como tampouco das contidas noutras plataformas ás que se enlace desde a App. Santillana non asumirá responsabilidade algunha en canto a hipotéticos prexuízos que puidesen orixinarse polo uso das citadas informacións.

Santillana non será responsable polos contidos publicados por usuarios no marco do seu labor educativo, sendo os usuarios os únicos responsables da súa adecuación, proporcionalidade, finalidade e cumprimento coa normativa aplicable.

10.   Mantemento e actualizacións

Santillana levará a cabo traballos de mantemento e actualización da App sempre que o estime necesario. Así, a App está suxeita a cambios continuos e melloras a discreción de Santillana, así como a posibles modificacións para asegurar o cumprimento da legalidade vixente en cada momento. Igualmente, Santillana poderá prestar un servizo de mantemento da App para aqueles casos en que se detecten incidencias ou problemas no seu funcionamento. 

Soamente recibirán actualizacións da App e dos seus contidos e servizos de mantemento aquelas App que fosen descargadas desde tendas oficiais de aplicacións, requirindo ademais de conexión a Internet por parte do usuario. Naqueles casos en que o usuario descargue a App e non manteña unha conexión a Internet estable e continuada, así como aqueles en que a App se obtivese a través de canles distintas ás tendas oficiais de cada dispositivo, Santillana non pode garantir que a App e os seus contidos se actualicen nin que se preste o mantemento adecuado. Así, o usuario acepta e asume que, de obter a App a través dunha canle distinta ás mencionadas ou de non manter a App conectada a Internet de forma continua, non obterá as actualizacións deseñadas e previstas por Santillana nin o servizo de mantemento oportuno, podendo incluso impedirse, restrinxirse ou limitarse o acceso á App por non contar coa última actualización da mesma.

Santillana non responderá de calquera dano, prexuízo, ganancia deixada de obter ou inconveniente sufridos polo usuario pola falta de actualización ou mantemento da App nestas circunstancias nin por calquera mal funcionamento da App debido á imposibilidade de prestar estes servizos de mantemento e actualización.

11.   Suspensión do acceso á App

Con independencia do disposto nas condicións particulares que no seu caso se establezan, Santillana poderá dar por terminado, suspender ou interromper, en calquera momento e sen necesidade de preaviso, o acceso á App, sen posibilidade por parte do usuario de esixir indemnización algunha. Tras dita extinción, seguirán vixentes as prohibicións de uso dos contidos expostas anteriormente nos presentes Termos e Condicións.

Así mesmo, se o usuario incumpre os presentes Termos e Condicións, Santillana poderá suspender ou cancelar o seu perfil automaticamente e sen previo aviso, e en ningún caso tal suspensión ou cancelación daría ao usuario dereito a indemnización algunha. A estes efectos, Santillana informa de que poderá poñer en coñecemento e colaborar oportunamente coas autoridades policiais e xudiciais competentes se detectase calquera infracción da lexislación vixente ou se tivese sospeita da comisión dalgún delito.

12.   Protección de Datos

De conformidade co disposto polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016 relativo á protección de datos das persoas físicas, todos os datos de carácter persoal facilitados durante a utilización e rexistro na App serán tratados de conformidade co disposto na Política de Seguridade que todo usuario debe aceptar expresamente para poder enviar consultas, peticións, solicitudes ou subir contido a través da App.

13.   Xerais

Os encabezamentos das distintas cláusulas son só informativos, e non afectarán, calificarán ou ampliarán a interpretación dos presentes Termos e Condicións. Así mesmo, Santillana poderá modificar en calquera momento os Termos e Condicións aquí estipulados, total ou parcialmente. Estas modificacións serán aplicables desde o mesmo momento en que sexan publicadas por Santillana, sen necesidade de advertir o usuario sobre aquelas. O usuario acepta e asume que quedará obrigado polos Termos e Condicións e as súas actualizacións vixentes en cada momento desde o momento en que utilice a App.

A vixencia temporal dos presentes Termos e Condicións coincide, polo tanto, co tempo da súa exposición, ata que sexa modificado total ou parcialmente, momento no cal pasarán a ter vixencia os Termos e Condicións modificados. O usuario unicamente deixará de estar vinculado por estes Termos e Condicións no caso de que elimine a súa conta de maneira permanente ou se Santillana impide o seu acceso á App de forma temporal ou permanente.

A contratación de calquera produto e/ou servizo de pago ofrecido por Santillana a través da App quedará regulada polas condicións xerais e/ou particulares de cada servizo específico dispostas ao efecto. Igualmente, o uso de contido visualizado a través da App que obtivese a través da tenda virtual de Santillana pode estar suxeito a outras condicións de uso particulares.

No caso de existir discrepancia entre o establecido nos presentes Termos e Condicións e as condicións particulares de cada servizo ou contido específico accesible a través da App, prevalecerá o disposto nestas últimas.

En caso de que calquera disposición dos presentes Termos e Condicións fose declarada nula ou inaplicable, na súa totalidade ou en parte, por calquera Xulgado, Tribunal ou órgano administrativo competente, dita nulidade ou inaplicación non afectará as restantes disposicións do mesmo.

O non exercicio ou execución por parte de Santillana de calquera dereito ou disposición contido nos presentes Termos e Condicións non constituirá unha renuncia ao mesmo, salvo recoñecemento e acordo por escrito pola súa parte.

14.   Lexislación aplicable e xurisdición competente

A normativa vixente determinará as leis que deban rexer e a xurisdición que deba coñecer das relacións entre Santillana e os usuarios. Non obstante, sempre que dita normativa prevexa a posibilidade para as partes de someterse a unha lexislación determinada, para toda cuestión litixiosa derivada ou relacionada con esta App será de aplicación á lexislación española vixente no momento do litixio. Así mesmo, Santillana e os usuarios, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense os Xulgados e Tribunais de Madrid.

Para presentar reclamacións no uso dos nosos servizos, pode dirixirse por correo ao enderezo electrónico ou física indicada no apartado “Identificación”, comprometéndonos a buscar en todo momento unha solución amigable do conflito.

15.   Accións legais

Santillana perseguirá o incumprimento destas Condicións de Uso, así como calquera utilización indebida da App ou dos seus contidos, as infraccións dos dereitos que lle correspondan a ela ou aos seus licenciantes, especialmente os de Propiedade Intelectual e Industrial, exercitando todas as accións, civís e penais, que lle poidan corresponder en Dereito.